O rural galego, en situación de "emerxencia social" polos eólicos

A Rede Galega Stop Eólicos alerta dos graves problemas aos que se vai enfrontar a Galiza menos urbana se continúan adiante todas as tramitacións de polígonos en marcha. “Se o plan da Xunta en connivencia con determinadas empresas enerxéticas sigue adiante, estariamos diante da vulneración flagrante de Dereitos Humanos inalienábeis das persoas individuais e das comunidades rurais”, din, ao aludir ás 275 peticións que virían a sumar muíños aos máis de 4.000 que xa están dentro da paisaxe do país.
Unha persoa cun cartel en contra dos eólicos na manifestación decorrida en xuño en Compostela. (Foto: César Arxina / Europa Press) #eólicos #manifestación #enerxía
photo_camera Unha persoa cun cartel en contra dos eólicos na manifestación decorrida en xuño en Compostela. (Foto: César Arxina / Europa Press)
Comentarios