A piques de acadar o obxectivo óptimo de 20.000 euros

Últimos días para participar na campaña de micromecenado para o filme de Moncho Reboiras

Ás 00:00 horas do 30 de setembro remata a campaña de recollida de fondos a través da rede para facer realidade o primeiro filme sobre a vida de Moncho Reboiras, a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza. Unha campaña que arrancou o pasado 1 de agosto e que está moi perto de acadar o obxectivo marcado como óptimo pola Fundación Terra e Tempo, produtora do filme: 20 mil euros. A película estrearase en 2020, con motivo do 45 aniversario do asasinato en Ferrol do militante nacionalista.

Rodaxe Reboiras. Acción e corazón
photo_camera Rodaxe 'Reboiras. Acción e corazón'
Comentarios