O Sergas fechará máis de medio milleiro de camas este verán

Ás portas do verán, o Sergas sostén que manterá operativas 89,5% das camas hospitalarias durante os meses de estío. Segundos fontes sindicais, as xerencias das áreas sanitarias confirmaron o feche de máis de 600 postos no conxunto do territorio. Todas, salvo a de Ourense, Verín e Valdeorras, anunciaron a clausura temporal de distintas zonas de ingreso, ligada, nalgúns casos, á diminución ou suspensión de actividade cirúrxica programada.

Cuarto dun hospital galego con dúas camas  dispoñíbeis para  o ingreso de pacientes. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza).
photo_camera Cuarto dun hospital galego con dúas camas dispoñíbeis para o ingreso de pacientes. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza).
Comentarios