O Sergas adiou a realización de sete intervencións cirúrxicas previstas para esta segunda e terceira feira no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para evitar a saturación das unidades de coidados intensivos (UCI).
Fontes do Sergas explicaron a Europa Press que onte se reprogramaron catro cirurxías non urxentes ás que hoxe se sumou o adiamento doutras tres.
Aínda que o hospital aínda dispón de espazo na área de reanimación, a de coidados críticos atópase completa, polo que se adoptou esta medida de modo preventivo para evitar a saturación da UCI ante a evolución da pandemia.
As mesmas fontes insistiron en que o adiamento só se pode aplicar a intervencións cirúrxicas demorábeis relacionadas con patoloxías que non impliquen "un compromiso vital nin de calidade de vida" para os pacientes. Neste sentido, garantiuse a realización nas datas previstas de intervencións cirúrxicas de urxencia, prioridade 1 e oncolóxicas.
Segundo datos do Sergas actualizados até onte ás 18:00 horas, a área sanitaria de Vigo suma 99 pacientes con Covid-19 ingresados dos que 23 atópanse en UCI.