Segue descontrolada a vaga de incendios que xa calcinou 31.500 hectáreas

A vaga de incendios que afecta á Galiza desde a semana pasada continúa sen control e calcinou xa máis de 31.500 hectáreas. Na actualización ofrecida pola Consellaría de Medio Rural na mañá desta sexta feira, o lume de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, que afecta o Parque Natural do Invernadoiro, creceu até as 5.500 hectáreas, 300 máis que na tarde da quinta feira.

A veciñanza colabora nos labores de extinción dos incendios. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A veciñanza colabora nos labores de extinción dos incendios. (Foto: Nós Diario)
Comentarios