A Ribeira Sacra, do 'remanso' de paz e harmonía á "autoestrada fluvial do Miño"

Inzan as embarcacións a motor no río Miño ao seu paso pola Ribeira Sacra, circulando a "gran velocidade" e deixando verteduras na auga, alén da contaminación acústica. "Están a alterar os biorritmos da fauna salvaxe e da propia poboación autóctona. En 39 anos nunca vira algo así, esta non é a miña aldea", denuncia unha veciña a 'Nós Diario'.
Na contorna de Belesar inzan os embarcadoiros privados, que, segundo denuncia a veciñanza, "rouban moito espazo ao río" (Foto: Nós Diario).
photo_camera Na contorna de Belesar inzan os embarcadoiros privados, que, segundo denuncia a veciñanza, "rouban moito espazo ao río" (Foto: Nós Diario).
Comentarios