Un terremoto de magnitude 3 na escala de Richter con epicentro no concello de Tordoia, na comarca de Ordes, rexistrouse a noite desta cuarta feira e foi sentido debilmente en varios municipios próximos.
Segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional (IGN) na súa páxina web, o sismo produciuse ás 23.18 horas e tivo o seu epicentro en Tordoia, a catro quilómetros de profundidade.
O movemento sísmico deixouse sentir en numerosas en municipios e parroquias próximas, como os concellos coruñeses de Cerceda ou Carballo, con distintas intensidades, aínda que todas elas de carácter leve.