O TSXG rexeita suspender a autorización do parque eólico Acibal, polo que continuarán as obras

No seu auto, a Sala de Vacacións do TSXG explica que para poder adoptar unha medida cautelarísima como a solicitada por Ecoloxistas en Acción, que supón non dar audiencia ao resto de partes, é necesario que a situación exposta "sexa de especial urxencia", algo que non considera que aconteza no caso estudado a pesar de se tratar o Acibal dunha zona cun alto valor arqueolóxico.
Coto do Mouro, no Acibal, danado polas máquinas unha semana antes de que o dinamitasen. (Foto: Amil sen Eólicos).
photo_camera Coto do Mouro, no Acibal, danado polas máquinas unha semana antes de que o dinamitasen. (Foto: Amil sen Eólicos).
Comentarios