Sete días consecutivos de incremento de casos activos de coronavirus na Galiza, que xa son 260, 112 máis ca onte.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 260.
Deles 76 son da área da Coruña (5 máis), 80 da de Lugo, 7 da de Ourense (1 máis), 23 da de Pontevedra (3 máis), 49 da área de Vigo (-1), 23 da de Santiago (+2), e 2 da de Ferrol (+1).
Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 9 en unidades de hospitalización e 250 no domicilio.
Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.262 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 248.544.
Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.