O Centro Galego de Bos Aires, está en perigo de desaparecer. O futuro dunha “entidade emblemática da diáspora galega no mundo”, está en cuestión. Un escenario perante o cal aparece un chamamento a Xunta e Estado a se implicar na defensa do centro reuniu perto de 3.000 sinaturas.
“Demandamos actuacións concretas diante do Goberno Arxentino encamiñadas a solucionar definitivamente o gravísimo problema polo que atravesa a centenaria institución. Reclamamos, en primeiro lugar, vontade política para preservar e garantir a atención médica de calidade dos actuais socios e socias e a protección do patrimonio artístico, documental, bibliográfico, editorial... e solicitamos esforzos para consensuar unha solución que impida a demolición e a especulación inmobiliaria dun predio que debe seguir sendo referente de Galicia en Bos Aires”.
Entre os asinantes,
Francisco López “Chesqui”, Secretario Xeral do Partido Galeguista
Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega
Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega
Juan Viaño Rey, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Salustiano Mato de la Iglesia, Reitor da Universidade de Vigo
Julio Abal de Alonso, Reitor da Universidade da Coruña
José María Vila Alén, Presidente do Centro Galicia de Bos Aires
Diego A. Martínez Duro, Pte. da Federación de Asociaciones Gallegas da Rep. Arxentina
Lorena Lores Doural, Sec. Xeral da Federación de Asociaciones Gallegas da Rep. Arxentina
Carlos X. Rodríguez Brandeiro, Director do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol de Bos Aires
Beatriz Lagoa, Presidenta do Centro de Betanzos de Bos Aires
Xesús Alonso Montero, ex Presidente da Real Academia Galega
Xosé Luís Méndez Ferrín, ex Presidente da Real Academia Galega
Manuel Rivas, Escritor
Luís González Tosar, Escritor
Suso de Toro, Escritor
María Xosé Porteiro, Xornalista
Justo Beramendi González, Presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego
Francisco Domínguez Martínez, Director da Fundación Penzol
Antonio Dieter Moure, ex Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia
Xesús Manuel Suárez García, Médico
Mª Teresa Táboas Veleiro, Arquitecta
Inma López Silva, Escritora
Xosé Estévez Rodríguez, Historiador
Xavier Vence Deza, Docente
Olegario Sotelo Blanco, Editor
F. Xabier González Sotelo, Escritor
Afonso Vázquez Monxardín, Docente
Xosé Ramón Pena, Escritor
Acisclo Manzano, Escultor
Lito Prado Rodríguez, Educador Social
Xan Leira, Director de cinema