Máis de 75% do alumnado de Primaria emprega redes sociais
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Román Rodríguez, presentou esta terza feira os primeiros resultados da V Enquisa de diagnose da convivencia 2025 realizada a alumnado de ensino obrigatorio e postobrigatorio - Bacharelato e Formación Profesional- .
Os datos que fan referencia aos hábitos sociais do estudantado, co obxectivo de recoller información sobre a coeducación e a convivencia fóra dos recintos educativos, amosan que 46,51% do alumnado de 5º e 6º de Primaria dispón de teléfono móbil, hai que destacar que informe carece sobre esta información sobre idades máis temperás, carecendo do dato real na Educación Primaria. Unha cifra que se ve duplicada na ESO, elevándose a 88,65%, e 90,73% no alumnado de postobrigatoria.
A estás cifras hai que sumarlle que 78,48% do alumnado de Educación Primaria afirmou que se conecta a internet case todos os días, especialmente para empregar as redes sociais. 72,6% das estudantes de ensino obrigatorio e 83% de postobrigatorio manifestou que usa as redes sociais habitualmente , sendo TikTok e Instagram as máis utilizadas polo alumnado.
Outras das liñas de investigación do informe é a participación en apostas en liña, un 10,04% do estudantado da ESO e 17,09% de Bacharelato afirmaron que realizan aposta online. Por outra banda, 20,4% do alumnado de ensinanza obrigatoria e 35,31% postobrigatorio asumiu ter consumido en repetidas ocasións contido pornográfico en liña.
Bullying nas redes sociais
O informe da Consellaría de Educación recolle que arredor de 90% do alumnado -91,6% de estudantes de 5º e 6º de Primaria e 84,33% de ESO- afirmou que nunca ou "case" nunca recibiu condutas intimidatorias, insultos, acoso ou ameazas a través das redes socias. Amosando que 98,8% das familias din que os seus fillos e fillas nunca sufriron bullying. Porén, o informe non recolle que o acoso é sempre sufrido polas minorías e que na maioría dos casos o alumnado non informa ás familias.
