As relacións políticas de 'Mi Casa'

O irmán do xerente do Consorcio Galego de Benestar é apoderado da empresa propietaria da residencia denunciada de Pazos de Borbén

Lucía Pedroso Suárez é mais coñecida polas súas responsabilidades como directiva da patronal pontevedresa que polos seus propios negocios. Porén, a directora da residencia. Mi Casa de Pazos de Borbén -denunciada ante a Xunta con acusacións por malos tratos- é socia en diversas empresas do sector da dependencia e participa do capital doutros dous centros de maiores.

 

Alfonso Rueda, Ana Pastor e a copropietaria da residencia Mi Casa de Pazos de Borbén, Lucía Pedroso.
photo_camera Alfonso Rueda, Ana Pastor e a copropietaria da residencia Mi Casa de Pazos de Borbén, Lucía Pedroso.
Comentarios