A xestión privada de residencias públicas custa 18 millóns anuais

A Xunta inviste 18 millóns de euros para que empresas privadas xestionen 12 residencias públicas en vez de xestionalas a propia Xunta. 

Fachada da residencia de DomusVi no barrio de Matogrande. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Fachada da residencia de DomusVi no barrio de Matogrande. (Foto: BNG)

A Xunta da Galiza paga anualmente 18 millóns de euros a empresas privadas pola externalización da xestión de 12 residencias públicas de maiores. O dato deuno na comisión de Política Social do Parlamento galego o secretario xeral de Maiores da Xunta, Fernando González Abeixón. Interrogado nesta quinta feira, 28 de outubro, pola deputada do BNG Olalla Rodil, Abeixón sinalou que a Xunta conta con 31 residencias de maiores na Galiza, das que 19 son de xestión propia e 12 externalizada a empresas privadas. 

A nacionalista advertiu que os contratos efectuados pola Xunta coas corporacións privadas, en 1995 e 2001, teñen “unha vixencia de 30 anos” e foron “blindados” polo PP durante os Gobernos de Manuel Fraga.

Neste sentido, cualificou esa "herdanza" de "agasallo envelenado de Fraga" ao Goberno de coalición na Xunta do PSdeG e BNG en 2005, e destacou que dos 12 centros de titularidade pública que teñen a xestión privatizada, "a inmensa maioría pertencen ao grupo privado DomusVi".

A nacionalista asegurou ademais que o Executivo galego, en base a un informe do Consello de Contas remitido en 2018, "non exerce o labor fiscalizador" que debería. Rodil puxo o foco nesta situación por mor dun caso na residencia coruñesa Concepción Arenal, xestionada por  DomusVi, á que se investiga por se non se cumpre o cociente de profesionais de enfermaría, tras o falecemento dunha das usuarias.

Por este motivo, solicitaron "un novo modelo de coidados no país", no que "un paso fundamental é reforzar a rede pública" para "garantir os dereitos fundamentais das persoas e velar porque a Xunta cumpra a normativa vixente". "É moi grave que sexan conscientes disto e non actuen", reprochou Rodil sinalando o informe de Contas.

Listas de agarda "trucadas" na sanidade

Pola súa banda, e tamén en sede parlamentaria, o grupo socialista esgrimiu a "necesidade" dun plan especial de actividade hospitalaria "para reducir os tempos de agarda e optimizar os recursos" no Sergas. 

O deputado socialista Julio Torrado acusou a Xunta de "trucar" os datos das listas de agarda, ao sinalar que se alguén espera seis meses a que o citen e a vez, cando se notifica, é para dous meses despois, o Sergas unicamente contabiliza eses dous meses. É dicir, non se rexistra o tempo que a persoa está a esperar para recibir a cita. 

este jueves, los socialistas han indicado que se debe "preparar" el sistema para lo que pueda venir, como la pandemia de covid-19. Es por este motivo que consideran "un error enorme" bajar las cuantías destinadas a atención primaria en los presupuestos de 2022.

Comentarios