O prezo medio da gasolina na Galiza atópase este 16 de marzo en 1,866 euros/litro, sendo o prezo mínimo 1.86 euros/l e o máximo 1,871 euros/l. Por circunscricións, A Coruña e Lugo son as dúas cun maior prezo.
No caso da Coruña, o prezo medio sitúase en 1,871 euros/l. En canto aos prezos mínimo e máximo, son 1,799 e 2,032 euros/l, sendo a única das catro provincias na que o prezo da gasolina supera os dous euros por litro de combustíbel.
Pola súa banda, Lugo rexistra tamén un prezo medio de 1,871 euros/l, mentres que o prezo mínimo e máximo sitúase en 1,789 e 1,959 euros/l respectivamente.
No outros extremo atópanse Pontevedra e Ourense. En Pontevedra, o prezo medio sitúase nesta cuarta feira en 1,86 euros/litro, o máis baixo de toda a Galiza. O prezo mínimo da gasolina está en 1,799 euros/l e o máximo en 1,944 euros/l. Ourense ten un prezo medio de 1,862 euros/l, e rexistra un prezo mínimo e máximo de 1,795 e 1,96 euros/litro respectivamente.
Gasolineiras máis baratas
No seguinte mapa, Nós Diario notifica as gasolineiras da Galiza nas que se pode atopar o combustíbel máis barato.