Na tarde desta quinta feira un menor de idade, de 14 anos de idade, foi apuñalado na Alameda de Santiago de Compostela durante a celebración das festas da Ascención.
Segundo puido saber Nós Diario, o menos encóntrase ingresado de gravidade no hospital debido á rápida perda de sangue.
A puñalada produciuse na parte posterior da coxa do menor de 14 anos.
A Policía Nacional de Santiago investiga o acontecido.