A Xunta cancelou a misión para salvar a Casa da Galiza en Uruguai: "Nunca nos deron explicacións"

O anterior presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, así como o actual, Alfonso Rueda, son acusados de permanecer en "silencio" ante as dificultades pasadas e presentes da Casa da Galiza no Uruguai, as cales levaron ao fechamento da entidade mutualista da emigración galega, nunha situación que está a ser revisada pola Xustiza uruguaia. Desde o centro tamén critican que a Xunta cancelou unha misión que podería ter sido "esencial" para salvar a institución do seu fechamento.
Alberto Iglesias, último presidente da Casa da Galiza, que foi clausurada en 2021 (Foto: Casa da Galiza).
photo_camera Alberto Iglesias, último presidente da Casa da Galiza, que foi clausurada en 2021 (Foto: Casa da Galiza).
Comentarios