Máis voces vídeo blogueiras no Sermos. Ás achegas de Carlos Callón e Xosé Mexuto únese agora a de María Reimóndez, tituladas xenericamente Coordenadas, que aparecerán con carácter quincenal.
En Coordenadas Reimóndez fará reflexións "sobre temas de fondo" e non encosertados polas présas e a actualidade. Asuntos que transparentarán a bon seguro as súas preocupacións, desde o feminismo até o compromiso polo desenvolvimento nas áreas do planeta máis castigadas polo colonialismo.
Comeza a viaxe. Aquí en Sermos. Non a perdan.