O impacto do proxecto de Altri, a debate

Un cravo ardendo para o sector forestal galego

Altri chega á Galiza nun momento comprometedor para a planificación forestal. Tras varias décadas de políticas laxas coa ostentosa expansión dos eucaliptais, a renovación do Plan Forestal de Galicia (PFG) aprobada en 2021 sentou as bases dun cambio de rumbo: a redución da superficie forestal dedicada ao eucalipto. Cumpríase así cunha vontade popular, máis estendida do que a maioría pode pensar e compartida con actores do propio forestalismo.
Sol e ceo tinguidos de vermello, vistos desde Compostela, polo fume dos incendios de Portugal, o pasado 19 de setembro. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Sol e ceo tinguidos de vermello, vistos desde Compostela, polo fume dos incendios de Portugal, o pasado 19 de setembro. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Comentarios