O monte galego non pode seguir como até o de agora, focado no uso forestalista e de costas ao propio rural. É a chamada que fan desde a plataforma ‘Por un monte galego con futuro’, integrada por máis de 20 organizacións, e que convocan para este domingo unha manifestación nacional en Compostela.
Estas organizacións propoñen unha batería de medidas que “permitirían favorecer o papel dos ecosistemas forestais para, no actual contexto de mudanza climática, mitigar os efectos do quecemento global”.
Por iso cuestionan o recente borrador da Estratexia Galega contra o Cambio Climático no que “só interesa fixar máis carbono en máis madeira o máis rápido posíbel”, o que ao seu entender “potenciará o cultivo do eucalipto e doutras especies de crecemento rápido”.
Subliñan que o Plano Forestal que está a tramitar a Xunta promove a ocupación de 35.000 hectáreas máis de eucalipto sobre un exceso de 300.000 hectáreas con respecto á planificación anterior. Fronte a iso reclaman que as administracións galega e estatal aposten por unha planificación para o monte galego que teña en conta o actual contexto de perda acelerada de biodiversidade e dos efectos docambio climático, e que non se use isto como escusa para seguir potenciando as repoboacións con eucaliptos e outras especies invasoras.
[VIDEO] POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO
— CIG (@galizaCIG) October 15, 2019
Manifestación o 20 de outubro, as 12:00h dende a Alameda de Compostela pic.twitter.com/UR65qRTdGc
As organizacións sindicais, ecoloxistas e do mundo rural demandan a anulación da actual proposta de revisión do Plan Forestal de Galiza e a elaboración dun novo documento que parta de información actualizada sobre a situación do monte galego.
Entre as medidas concretas que poñen sobre a mesa está a de establecer unha moratoria indefinida para novos plantíos de eucalipto e a súa prohibición na Rede Galega de Espazos Protexidos, ademais dun programa de eliminación das plantacións ilegais en terras agrarias e bosques autóctonos.
Para combater os lumes forestais propoñen a creación dunha lei de ordenación dos usos das terras que favoreza a multifuncionalidade do monte e, por tanto, a súa prevención fronte aos incendios forestais; a promoción do pastoreo e a gandería extensiva como elemento natural de roza e prevención de incendios;....