'Coles negros', concentracións e camiñadas contra os recortes de profesorado

A perda de profesorado en centros de ensino de Infantil, Primaria e Secundaria da Galiza pasou de ser un aviso a ser unha certeza. Co inicio das aulas, a desconfianza das comunidades educativas virou en enfado ao constatar as carencias que afectan tanto ao alumnado como aos cadros docentes, e en consecuencia á calidade educativa das escolas públicas. Non se conforman cos recortes e as protestas esténdense.
Andaina reivindicativa entre o CEIP das Fontiñas e o CEIP Monte dos Postes esta cuarta feira en Compostela.
photo_camera Andaina reivindicativa entre o CEIP das Fontiñas e o CEIP Monte dos Postes esta cuarta feira en Compostela. (Foto: Arxina)
Comentarios