Os independentistas encausados na Operación Jaro remitiron á CIG unha comunicación para que sexa trasladada ás asembleas de delegados do sindicato, dando así cumprimento ao acordo acadado en xuño após unha xuntanza entre os imputados e a central nacionalista. A finalidade da comunicación é “espalhar no mundo laboral o conhecimento e a denúncia da ilegalizaçom de Causa Galiza e do processo penal, com petiçom de penas de prisom, que segue aberto”.
Este paso enmárcase na aposta por socializar o proceso contra Causa Galiza, que mantén en suspensión de actividades a esta organización independentista a raíz do operativo ordenado pola Audiencia Nacional española e do que o vindeiro mes de outubro se cumprirá un ano.