Os bispos só colaborarán co fondo de indemnizacións "se se estende a todas as vítimas de abusos" e non só ás da Igrexa

A raíz das estimacións do Defensor do Pobo sobre os abusos sexuais no seo da Igrexa, que afectarían até unha de cada cen persoas no Estado español, a Conferencia Episcopal defende que as cifras non son tan elevadas no referido aos seus cregos e pide non estender "unha sombra de sospeita a todos os sacerdotes" porque iso, ao seu xuízo, "é falso e é inxusto".
O secretario xeral da Conferencia Episcopal Española e bispo auxiliar de Toledo, Francisco César García Magán. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
photo_camera O secretario xeral da Conferencia Episcopal Española e bispo auxiliar de Toledo, Francisco César García Magán. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
Comentarios