Publirreportaxe

O Concello de Santiago inviste 1,8 millóns para modernizar a administración electrónica

Impulsa unha mellora da web, dos equipos informáticos e da rede de telecomunicacións no marco da EDUSI.
O Concello lanzará un novo portal web que responde á crecente importancia dos dispositivos móbiles na interacción cos servizos dixitais.
photo_camera O Concello lanzará un novo portal web que responde á crecente importancia dos dispositivos móbiles na interacción cos servizos dixitais.

O avance tecnolóxico dos últimos anos transformou as relacións entre a administración pública e a cidadanía. Os trámites online gañan terreo nunha sociedade dixital, na que as administracións públicas enfróntanse a un triplo desafío: proporcionar un servizo electrónico eficaz, garantir a seguridade dos procesos e mellorar o acceso da cidadanía ás plataformas electrónicas.

Para superar estes desafíos, o Concello de Santiago impulsou nos últimos tres anos o proxecto “Infraestrutura TIC para a Plataforma de Administración Electrónica”, enmarcada na estratexia de desenvolvemento urbano sostible e integrado (EDUSI). O proxecto concretouse en distintas iniciativas, como o próximo lanzamento dun novo portal web, a mellora da rede de telecomunicacións ou a adquisición de equipamento adaptado ás necesidades dixitais.

En primeiro lugar, o Concello lanzará un novo portal web que responde á crecente importancia dos dispositivos móbiles na interacción cos servizos dixitais. Este novo portal web, acompañado dunha APP municipal e unha intranet renovada, permitirá realizar trámites municipais de maneira sinxela e eficiente desde calquera dispositivo, como un teléfono móbil, PC ou tablet.

Doutra banda, a administración local promoveu a ampliación da infraestrutura de telecomunicacións á totalidade dos centros socioculturais, especialmente aqueles situados no rural compostelán. Ademais, incorporou sistemas de alimentación ininterrompida que garanten a continuidade dos equipamentos ante calquera continxencia de tipo eléctrico.

O Concello adquiriu o equipamento necesario para adaptar as infraestruturas tecnolóxicas ás demandas da cidadanía e do persoal público.
O Concello adquiriu o equipamento necesario para adaptar as infraestruturas tecnolóxicas ás demandas da cidadanía e do persoal público.

Esta liña supón unha oportunidade para reducir a fenda dixital e achegar a administración electrónica ás persoas de avanzada idade. Tamén se impulsaron aulas e persoal dinamizador para educar á poboación no uso da administración electrónica.

En terceiro lugar, o Concello adquiriu o equipamento necesario para adaptar as infraestruturas tecnolóxicas ás demandas da cidadanía e do persoal público. Equipamentos de última xeración e medidas de seguranza, como as devasas, para garantir unha comunicación fiable e segura, permitindo tamén o teletraballo na administración local.

Por último, o Concello de Santiago incorporou equipamento informático adaptado ás necesidades da administración electrónica. O obxectivo é  garantir a mobilidade do persoal público, creando unha contorna de traballo colaborativa entre as distintas dependencias municipais. Neste sentido, adquiríronse equipos con capacidade de videoconferencia e telefonía posibilita reunións virtuais, e mesmo a asistencia remota da veciñanza, contribuíndo á eficiencia e flexibilidade no servizo público.

Para este proxecto, o Concello de Santiago contou cun investimento total de 1,8 millóns de euros, dos cales, 1,4 millóns de euros foron achegados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea. O cofinanciamento deste proxecto por parte do FEDER enmárcase na execución do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Este impulso tecnolóxico representa unha clara aposta polo futuro, dotando o Concello de Santiago dos recursos necesarios para ofrecer servizos de administración electrónica de calidade.

Comentarios