Zelenski suspende máis entre os votantes do BNG

O panel sobre valoración dos líderes de Rusia e Ucraína, elaborado por Electomanía conclúe que Putin está moi mal visto no conxunto do Estado español, ao contrario que Zelenski.
O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski. (Foto: Europa Press)
photo_camera O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski. (Foto: Europa Press)

A enquisa elaborada por electomanía tras o inicio da guerra en Ucraína e publicada o pasado 15 de marzo revela que o líder ruso, Vladomir Putin, está moi mal visto entre o conxunto da cidadanía española consultada, cunha puntuación de 0,96 sobre 10. Pola contra, o presidente de ucraíno, Volodimir Zelenski, goza de mellor consideración cun 7,14 sobre 10.

Os votantes de ningún partido aproban Putin, que obten unha nota máis destacada entre o electorado de Pacma (3), EH Bildu (1,9) e Junts (1,8). Iso si, lonxe do aprobado.

A valoración de Zelenski é moi distinta. Suspende entre os votantes de BNG (3,3), EH Bildu (3,5) e as CUP (4,6). O electorado do resto das formacións outórganlle unha boa valoración, especialmente votantes de PP (8,8), Cs (8,6) e PNV (8,5).

Comentarios