A Xunta tacha de "extremista" a Lei de Vivenda do Goberno estatal por “menoscabar a propiedade privada”

Ángeles Vázquez avanza a aprobación "inminente" da Lei do litoral da Galiza, que irá ao Consello da Xunta "antes de xuño".

Núcleo de vivendas na Coruña. (Foto: Álvaro BAllesteros / Europa Press).
photo_camera Núcleo de vivendas na Coruña (Foto: Álvaro BAllesteros / Europa Press).

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegurou que a Lei de Vivenda é "extremista" porque "menoscaba a propiedade privada" e "a liberdade dos cidadáns" e acusou ao Goberno de tratar ás comunidades autónomas como "auténticos monicreques".

Nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, a responsábel de Vivenda da Xunta afirmou que esta norma "atenta contra a clase media", xa que, na súa opinión, "imponse que viva constantemente nun fogar en alugueiro, non se dá a posibilidade de que poidan optar a un fogar en propiedade".

Con todo, afirmou non estar sorprendida, aínda que criticou que o Goberno estatal trate as comunidades como "auténticos monicreques", a pesar de "ter a responsabilidade" nesta materia, así como que non convocasen "unha mesa sectorial".

"Foi un acordo con extremistas", resolveu despois de facerse público o acordo entre o Goberno central e os grupos parlamentarios de ERC e EH Bildu con relación a certos aspectos do proxecto lexislativo.

Para a conselleira, o Executivo estatal con esta lei "non pretende solucionar os problemas de vivenda", senón "continuar no Goberno a custo dos extremistas e pactando con eles".

Por iso, manifestou que espera que "recúen" e see scoite " ás distintas comunidades". "Fomos varias as que pedimos unha conferencia sectorial porque ademais estanse saltando a lei. As conferencias sectoriais están para iso, para que se nos trasladen os textos lexislativos, algo que nunca foi neste caso", lamentou.

Por outra parte, Vázquez avanzou que a aprobación da Lei de Ordenación do litoral de Galiza vai ser "inminente".

"Agora mesmo o que estamos a facer é cumprir o cronograma e iso é que a finais de 2023 solicitamos os informes e antes do mes de xuño sairá a aprobación do proxecto de lei polo Consello da ", explicou.

Comentarios