A Xunta destina só 8 millóns de euros en 2023 a vivenda de promoción pública

O PSdeG acusa o Executivo galego de só querer " recalificar o solo"
A Xunta volve introducir cambios na Lei de vivenda, xa modificada catro veces (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera (Foto: Xunta da Galiza).

O Goberno galego defende un modelo de vivenda "errado" e que semellar só estar está interesado en "recalificar o solo" e  "fomentar a especulación". Así se expresou onte Eduardo Oxea,  deputado e portavoz de Vivenda do PSdeG na Cámara galega, após tumbar o PP a proposición non de lei que instaba a Xunta a aplicar as medidas da nova Lei de Vivenda para facilitar o acceso a este dereito. A proposta, que contou co apoio do BNG, instaba a Administración galega a "aplicar as medidas introducidas no novo texto lexislativo que regula o dereito a unha vivenda digna e adecuada", como o límite de prezos para grandes propietarios.

Oxea cargou contra o modelo vivenda da Xunta, que "só contribuíu á suba de prezos e a facer a vivenda inaccesíbel para a maioría dos galegos”. 

Neste sentido, o deputado afirmou que para este ano "a construción de vivendas de promoción pública na Galiza  segue en niveis moi baixos, con 8 millóns. En 2009 [cun Goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG] o orzamento era de 52 millóns de euros". 

A Galiza ocupa agora "a última posición entre as comunidades na construción de vivenda protexida en relación coa construída", asegurou.

Fuga de talento

O PP tamén impediu onte cos seus votos a aprobación na Cámara galega dunha propiosta do PSdeG que pedía á Xunta o impulso dun Plan de Retención de Talento "con orzamento suficiente". Leticia Galego (PSdeG) dixo que o Executivo "menosprezaba" o persoal investigador, provocando que en 2022 8.257 traballadores e traballadoras con titulación universitaria marcharan a traballar a outras comunidades, "entre eles e elas, 6.575 profesionais científicos e intelectuais".

Comentarios