A Xunta denuncia un "punto morto" cos fondos europeos 'Next Generation'

Conde cifra en 30% as axudas convocadas.
Francisco Conde, primeiro pola esquerda, na reunión desta segunda feira. (Foto: Xunta da Galiza)
photo_camera Francisco Conde, primeiro pola esquerda, na reunión desta segunda feira. (Foto: Xunta da Galiza)

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, da Xunta da Galiza, Francisco Conde, denunciou esta segunda feira unha situación de "punto morto" en relación coa adxudicación de fondos europeos para a recuperación, á vez que reclamou ao Goberno estatal unha "resposta inmediata" sobre as condicións dos empréstitos neste ámbito.

Así, o conselleiro afirmou após a xuntanza da comisión sectorial sobre estes fondos, que desde o punto de vista dos 'Perte' (Plans estratéxicos para a recuperación e transformación), "tan só se convocaron 30% das axudas" e engadiu que "apenas" se ditaron "13% das resolucións".

Advirte Conde da "enorme dificultade para que os investidores poidan tomar decisións co acompañamento dos fondos europeos".

Grande importancia

O vicepresidente primeiro indicou tamén que trasladou ao Goberno español "a importancia que ten poder dar esa resposta aos proxectos que o Goberno galego priorizou, que poderían dar unha oportunidade para esa industrialización e transformación do tecido produtivo".

Comentarios