Willy Meyer será o número 1 de IU ás europeas mentres o sector de Llamazares amaga con listaxe propia

Willy Meyer vai ser o número un da candidatura promovida por IU a Europa, a listaxe na que decidiu integrarse Anova. Segundo publica hoxe publico.es, unha persoa en representación de Anova ocuparía o número 5 mais aínda non se desvelou o seu nome. 

Willy Meyer
photo_camera Willy Meyer

Willy Meyer repetirá por terceira vez como cabeza de listaxe para as europeas, segundo a proposta aprobada pola comisión de listas de IU que votará hoxe sábado o seu Consello Político. Segundo o xornal publico.es, a listaxe na que participará Anova levará como número dous a unha dirixente de CCOO, Paloma López. 

IU está no último chanzo para aprobar a súa listaxe electoral despois dun proceso de tensión interna que aínda está sen pechar. Segundo informa publico.es, sobre a mesa pesaba aínda a poucas horas do inicio da xuntanza do Consello Político a posibilidade de que Izquierda Abierta, de Gaspar Llamazares, presentara unha candidatura alternativa ao non estar o seu candidato Tasio Oliver nos postos de saída. 

O quinto sen nome

Na lista ICV ocupará o terceiro lugar, con Ernest Urtasun, e Anova ocupará o quinto lugar da lista, sen estar aínda determinado o seu nome, aínda que si se coñece o do cuarto posto que ocupará Marina Albiol, deputada nas Cortes Valencianas, o sexto, a asturiana Ángeles Vallinas e o sétimo, Javier Couso, irmá do cámara asasinado. 

Comentarios