VÍDEO | A mocidade centra o novo vídeo de campaña do BNG de Santiago de Compostela

A vivenda, o feminismo, ou o emprego xuvenil son algunhas das temáticas que se abordan ao longo da peza audiovisual e que, segundo indican, afectan de modo especial a mocidade que vive en Santiago de Compostela.
Unha imaxe do vídeo de campaña do BNG de Compostela (Foto: Nós Diario).
photo_camera Unha imaxe do vídeo de campaña do BNG de Compostela (Foto: Nós Diario).

A campaña electoral de cara ao 28 de maio (28-M) continúa para os partidos, que buscan nesta recta final facerse co voto daquelas persoas que aínda non o teñen decidido.

No caso no BNG de Santiago de Compostela, a mocidade centro o novo vídeo de campaña en que a formación nacionalista busca o apoio o vindeiro domingo.

O vídeo

No vídeo, pode verse a diferentes persoas mozas, entre elas Martinho Cacheda, un mozo membro da candidatura que encabeza Goretti Sanmartín, pedindo o apoio ao proxecto da formación nacionalista para a capital da Galiza.

Saleta Chao, Iago Lestegás, María Bará e Xandre Garrido tamén participaron na elaboración deste vídeo no cal resaltan as propostas que Sanmartín levaría a cabo á fronte da Alcaldía compostelá.

Temáticas

A vivenda, o feminismo, ou o emprego xuvenil son algunhas das temáticas que se abordan ao longo da peza audiovisual e que, segundo indican, afectan de modo especial a mocidade que vive en Santiago de Compostela.

Comentarios