VÍDEO EN DIRECTO | Segue o minuto a minuto da investidura de Pedro Sánchez

O debate de investidura e a votación, en directo.
photo_camera Vídeo en directo da sesión de investidura.

Co apoio das forzas soberanistas, todo apunta a que Pedro Sánchez, do PSOE, será reelixido hoxe como presidente español no segundo día da sesión de investidura. No primeiro, a dereita e a ultradereita reiteraron que é un mandatario "ilexítimo" e "golpista". Feixoo acusou esta cuarta feira o candidato do PSOE de "fraude" e Vox comparouno con Hitler.

 Actualizar 

12:37

Tal e como era esperado, o candidato do PSOE á Presidencia do Goberno estatal, Pedro Sánchez, volveu obter a confianza do Congreso español e revalidou a Moncloa. Así o fixo con 179 votos a favor (do BNG, PSOE, Sumar, ERC, Junts, EH Bildu, PNV e Coalición Canaria) e 171 en contra (do PP, Vox e UPN).

12:37

Remata o debate cun agradecemento nas catro linguas oficiais de Pedro Sánchez aos 179 deputados e deputadas que, segundo todo parece indicar, lle outorgarán a Presidencia do Goberno español. Tras un receso de 10 minutos, comezarán as votacións.

12:28

Miguel Tellado (PP) pide a palabra para contestar a Patxi López (PSOE) por alusións, ao que lle dixo que intenta manter o seu posto de portavoz tras que López lle afease dicir que Sánchez debería saír do Estado español no maleteiro dun coche. Porén, Tellado non retirou esas palabras nin fixo mención ás mesmas.

12:03

Patxi López (PSOE): “Non se pode soster que perdoar torturas e asasinatos coa amnistía tras o franquismo se xa algo bo e que a amnistía ao procès non o sexa. Entendemos que a amnistía non sexa entendida por todos, mais co tempo será aplaudida polo conxunto da sociedade”.

11:58

Patxi López (PSOE): “Cando un di como Miguel Tellado (PP) que o presidente debería saír do Estado español no maleteiro dun coche tan só demostra o que é, un antidemócrata, e que el é o que debería saír desta Cámara”.

11:48

Pedro Sánchez responde ao BNG: “Imos cumprir coa axenda galega”.

11:46

Néstor Rego (BNG): “Gústanos que corrobore, señor Sánchez, o que nós levamos tempo dicindo, que Alberto Núñez Feixoo non é un bo xestor, que tan só o é para os intereses de determinadas grandes empresas, fronte ao que tempo atrás se veu dicindo desde algúns cargos de Sumar a respecto de que Feixoo era do mellor que tiñan no PP”.

11:44

Néstor Rego (BNG): “Paréceme ben, señor Sánchez, que fixera mención a algunhas das intervencións da pasada lexislatura na Galiza como consecuencia do anterior acordo co BNG, como a actuación na ría do Burgo, que debería ter continuidade noutras rías galegas. Un acordo cuxo impacto trata de minimizar o PP, mais o que si lle digo, señor Sánchez, o que é fundamental é que cumpra estritamente os puntos do acordo”.

11:37

Pedro Sánchez: “Sobre a intervención do portavoz de UPN chámame a atención que se levanten e aplaudan aqueles que corromperon a dous deputados desta formación e que agora están nas filas do PP. E si, digo corromperon, porque o transfuguismo é corrupción. Ser unha sucursal local do PP, que é o que son vostedes, non parece que sexa o mellor para defender os intereses de Nafarroa”.

11:27

Pedro Sánchez: “Oxalá que este cambio chegue tamén á Galiza, e poidamos impulsar o avance tamén desde o Goberno da Xunta”.

11:26

Pedro Sánchez: “Imos a seguir investindo na Galiza tal e como acordamos no acordo entre o PSOE e o BNG, con até 22 medidas, e imos transferir máis competencias a través da apertura da Comisión Bilateral”.

11:25

Pedro Sánchez: “Co PP na Xunta, en 13 anos, non se construíu nin unha soa residencia para maiores e fecháronse 138 colexios”.

11:23

Pedro Sánchez: “Con este acordo [co BNG] recuperaranse os anos de retroceso que viviu a Galiza cos Gobernos conservadores”.

10:57

Cristina Valido (Coalición Canaria): “Elixir a Canarias. Defender e pensar no seu futuro, iso o que estamos facendo, negociar os investimentos que melloren a vida da cidadanía canaria”.

10:52

Néstor Rego (BNG): “Fóra do acordado no acordo co PSOE temos as mans libres para defender os intereses da Galiza, como unha tarifa eléctrica galega que compense os impactos ambientais que sufrimos pola produción ”.

10:50

Néstor Rego (BNG): “O balance do Goberno de [Alberto Núñez] Feixoo é de cero transferencias de competencias conseguidas desde o Estado”.

10:48

Néstor Rego (BNG): “Se hoxe temos que seguir pagando peaxes na AP-9 é porque así o decidiu o PP. Con este acordo conseguimos unha rebaixa de 75% nelas”.

10:46

Néstor Rego (BNG): “Israel está a cometer a vista de todo o mundo crimes de guerra e de lesa humanidade. Por iso, dá vergoña a actitude dunha Unión Europea que está baixo o xugo do imperialismo americano. Non é suficiente con pedir un Estado para Palestina. Netanyahu debe responder polo seus crimes e iso é o que debemos defender”.

10:31

Pedro Sánchez: “Vostedes [ao PNV] moitas veces igualan ao Partido Socialista co PP. O PSOE entende moito mellor a diversidade territorial do que o pode facer o Partido Popular. Hai diferencias substantivas [entre o PSOE e o PP]. Nós entendemos que a igualdade non é uniformidade”.

10:24

Pedro Sánchez: “As situacións que se deron na última lexislatura obrigáronnos a tomar moitas decisións de forma rápida e sen dialogar moito con outros grupos. Imos intentar que isto poida cambiar na actual lexislatura”.

10:23

Pedro Sánchez: “O dereito internacional humanitario está faltando en moitas das accións que está realizando Israel en Gaza”.

10:19

Aitor Esteban (PNV): “Se pensan que isto vai de gañar a investidura e repartirse os Ministerios, que conseguiron cos votos de moitos, equivócanse. O electorado demanda que cheguemos a acordos”.

10:11

Aitor Esteban (PNV): “Alberto [Núñez Feixoo], vostede queixouse de que non quero usar o seu tractor, a ver se facéndolle unha rima o entende. Alberto, o teu tractor ten gripado o motor por usar aceite Vox”.

10:10

Aitor Esteban (PNV): “Un señor como Abascal que pediu a sublevación da Policía acusando ao candidato Sánchez de traidor. Debería aprenderse a súa propia Constitución. O rei propuxo ao candidato para a investidura, é que acaso o rei é un golpista”.

10:06

Aitor Esteban (PNV): “A amnistía é unha escusa para non aceptar o resultado electoral e pedir unha repetición electoral. Todos sabíamos que o proceso ía rematar así e así tiña que rematar”.

10:05

Aitor Esteban (PNV): “O PP sen condenar e rexeitando a medias o que está acontecendo nas rúas. Que é iso de querer impoñer o que non se conseguiu nas urnas”.

10:00

Aitor Esteban (PNV) comeza a súa intervención referíndose ao seu discurso na anterior investidura de Pedro Sánchez e lembrando que este aínda segue moi vixente.

09:58

Pedro Sánchez: “Temos diferencias nos nosos proxectos políticos [referíndose a EH Bildu], mais temos que chegar a acordos para avanzar. Non podo prometer que vou satisfacer todas as súas demandas, mais si que vou estar disposto a escoitar e dialogar. O diálogo con vostedes foi frutífero na pasada lexislatura e estou convencido de que o volverá a ser”.

09:55

Pedro Sánchez defende que o Estado español mellorou nas clasificacións de calidade democrática durante os últimos catro anos.

09:53

Mertxe Aizpurúa (EH Bildu): “Oporse á amnistía non é sensato. Ningún xuíz, nin ningún tribunal, nin ningunha instancia xudicial, resolverá un problema que é político”.

09:45

Pedro Sánchez: “A estratexia do primeiro ministro Benjamin Netanyahu, non está incrementando a seguridade do pobo de Israel, senón empeorándoa coa súa resposta desproporcionada”.

09:42

Pedro Sánchez: “O vasco, como o catalán e o galego, non só debe ser respectado senón tamén protexido”.

09:39

Mertxe Aizpurúa remata a súa intervención pedindo a Sánchez valentía e responsabilidade histórica. Sánchez responde agradecendo a EH Bildu o apoio na investidura e a súa contribución en moitas leis da lexislatura pasada.

09:35

Mertxe Aizpurúa (EH Bildu): “A amnistía resolve problemas desde a política, de onde nunca deberían ter saído. Votar nunca debería ser un delito”.

09:34

Mertxe Aizpurúa (EH Bildu): “Non existe un PP bo e un Vox malo. Existe un bloque reaccionario. Señor Feixoo, nunca gobernarán pola simbiose co neofranquismo”.

09:26

Mertxe Aizpurúa (EH Bildu): “Fai falla avanzar máis para que esta sexa un lexislatura cun claro empurrón social. Son uns poucos os que deciden no nome da maioría. Perderon a oportunidade de derrogar a reforma laboral da dereita. Respectar a plurinacionalidade é tamén respectar as realidades sindicais doutras nacións como a vasca”.

09:26

Mertxe Aizpurúa (EH Bildu): “Fai falla avanzar máis para que esta sexa un lexislatura cun claro empurrón social. Son uns poucos os que deciden no nome da maioría. Perderon a oportunidade de derrogar a reforma laboral da dereita. Respectar a plurinacionalidade é tamén respectar as realidades sindicais doutras nacións como a vasca”.

09:20

Mertxe Aizpurúa (EH Bildu): “Esta debe ser a lexislatura da plurinacionalidade, a oportunidade de tomar o camiño que no Reino Unido tomaron nacións como Escocia, sen présas”.

09:13

Mertxe Aizpurúa (EH Bildu): “Non lle damos un cheque en branco, dámoslle unha oportunidade”.

09:11

Mertxe Aizpurúa (EH Bildu): “Non hai un Goberno progresista no Estado que sexa posíbel sen o soberanismo vasco, galego e catalán”.

09:09

Mertxe Aizpurúa (EH Bildu): “A cidadanía vasca deunos un mandato para frear á extrema dereita no Goberno do Estado, e hoxe cumprimos sen pedir nada a cambio”.

09:06

Francina Armengol anuncia que non se votará antes das 12 horas e toma a palabra Mertxe Aizpurúa, de EH Bildu, que pide a Sánchez contundencia para denunciar a actuación de Israel e reclamar o fin da ocupación sobre Palestina: “O que está acontecendo en Palestina non é unha guerra, é un xenocidio”.

09:06

Francina Armengol anuncia que non se votará antes das 12 horas e toma a palabra Mertxe Aizpurúa, de EH Bildu, que pide a Sánchez contundencia para denunciar a actuación de Israel e reclamar o fin da ocupación sobre Palestina: “O que está acontecendo en Palestina non é unha guerra, é un xenocidio”.

09:00

Retómase a sesión de investidura de Pedro Sánchez.

08:38

O candidato a revalidar a Presidencia do Goberno español, Pedro Sánchez, chega neste momento ao Congreso.

Comentarios