venres 15/10/21
Política

Todo o que o Estado debe a Galiza desde o Estatuto

Novo Goberno no Estado e vellas reclamacións da Galiza. O acordo de investidura entre PSOE e BNG abre a porta a reiniciar a transferencia habitual de competencias
Vista da autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela, en Redondela (Hombre de hojalata)
Vista da autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela, en Redondela (Hombre de hojalata)

En canto a competencias, Galiza está igual hoxe que en 2009, cando o Partido Popular, con Alberto Núñez Feixoo á cabeza, recuperou a Xunta e rematou coa experiencia do bipartito de Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana, a última vez que o país conseguiu ampliar a súa capacidade de xestión fronte o Estado. Agora, co primeiro Goberno de coalición progresista no Estado e o pacto asinado entre PSOE e BNG no Congreso, vólvese falar das competencias aínda pendentes e ábrese a porta a convocar a Comisión mixta de transferencias entre o Estado e a Xunta, que depende da vontade de ambas institucións.

Carlos Aymerich, profesor de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, salienta a xestión do tráfico e da seguridade viaria como fundamentais. "Xa se tratara co bipartito pero houbera unha oposición do Goberno do PSOE. Agora, co precedente de Navarra, agardo que se avance", apunta.

Outro punto chave é a xestión integral do control da vixilancia pesqueira e do salvamento marítimo, explica Aymerich, permitiría unha "mellor coordinación" dos efectivos e unha "aposta pola xestión pública".  

Sobre os asuntos pendentes no Estatuto de Autonomía que se poderían mover agora, Aymerich destaca o artigo 55, que fala da transferencia a Galiza das empresas públicas industriais ou financieiras de carácter estatal ou, cando non sexa posíbel, que a Administración galega teña representación nos seus órganos de dirección. "Isto significaría que en Aena ou en Navantia Galiza estivese directamente representada", explica.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

comentarios