BNG reivindica nun vídeo que “todas as causas xustas” collen no nacionalismo galego

BNG lanza un vídeo no que, a través de imaxes de figuras históricas da esquerda, o feminismo, e a loita anticolonial; repasa "causas xustas" que están na cerna do nacionalismo galego . Vídeo no interior

A esquerda, o feminismo, a solidariedade internacionalista, a defensa da terra e o medio ambiente, o combate contra o colonialismo, o rexeitamento do racismo, da xenofobia, do fascismo. “Todas as causas xustas” collen no nacionalismo galego, defende o BNG no vídeo que vén de lanzar. "As súas causas, a nosa causa. Elas e eles, o noso exemplo" é o final lexendado do vídeo

Un traballo no que saen figuras históricas  do nacionalismo galego como Bóveda, Castelao, Díaz Baliño, Anxel Casal, Mocho Reboiras, Elvira Bao ou María Miramontes así como  figuras destacadas do feminismo, Simone de Beavoir, Clara Zetkin ou Begoña Caamaño.

A loita contra o colonialismo está representada nas imaxes de Amícal CabralTomas Sankara, Arafat ou  Frantz Fanon; e as de Che Guevara ou Salvador Allende mostran a aposta noutra esquerda posíbel. Ademais reflexa as loitas contra as discriminacións raciais e sexuais, Nelson Mandela, Marielle Franco, Rosa Parks e representantes dos movementos soberanistas, Lluís Companys, o lehendakari Agirre ou James Connolly.

O BNG quere destacar o carácter internacionalista, aberto e solidario do nacionalismo galego como foi concibido desde As Irmandades e hoxe máis que nunca, afirma o responsable de Comunicación do BNG, Xavier Campos,  “pensando nunha  Galiza  como célula de universalidade”.

Comentarios