Sanidade

O Sergas destina un millón de euros ao mes a médicos da privada

A deputada nacionalista Montse Prado alerta do "deterioro" da sanidade pública.
Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade da Xunta da Galiza, nunha imaxe de arquivo (Foto: Conchi Paz / Europa Press).
photo_camera Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade da Xunta da Galiza, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Conchi Paz)

A deputada do BNG Montse Prado acusou esta cuarta feira na Cámara galega o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, de acudir ao Parlamento "co piloto automático posto" negando o "deterioro continuo" que sofre a sanidade pública, tal e como se volveu pór en evidencia, dixo, ao longo deste verán "con centros de saúde que sufriron graves ausencias de profesionais, PACs con quendas enteiras sen médicos, zonas con gran afluencia sen ningún tipo de reforzo ou ambulancias insuficientes".

Prado, ademais, convidou a destinar ao sistema público "o millón de euros que o Sergas destina cada mes a pagar aos facultativos que traballan na privada", en referencia ao complemento por dedicación exclusiva para profesionais que desenvolvan a súa actividade tamén na sanidade privada.

García Comesaña admitiu que hai un "problema" de falta de profesionais médicos, mais acusou o BNG de promover unha política "alarmista" a este respecto. Tamén afirmou que o papel da da sanidade privada "é importante" e asegurou que "este Goberno vai seguir recorrendo a ela en beneficio dos galegos e galegas".

Comentarios