Sánchez propón desde Ourense un "gran pacto" de Estado para a "mitigación e adaptación" á emerxencia climática

O presidente español asegura que "non pode haber impunidade" contra os incendiarios e comprométese a facer "todo e máis" para que os cidadáns volvan "canto antes" á normalidade. Alfonso Rueda pide a Sánchez que mobilice "canto antes" ás Forzas Armadas.

Ourense. El Presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, visita las instalaciones del CECOT de Ourense durante la crisis de los incendios en la provincia gallega. Sánchez ha estado acompañado por Fernando Grande-Marlaska, Ministro del Interior y Alfonso Rueda, Presidente de la Xunta de Galicia
Grande Marlaska, Pedro Sánchez e Alfonso Rueda, este domingo, 17 de agosto, en Ourense. (Foto: Carlos Castro / Europa Pres)

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, propuxo a creación dun "gran pacto" de Estado para a "mitigación e a adaptación" á emerxencia climática, como resposta á onda de incendios que sofre o Estado español.

Así o fixo este domingo tras reunirse co presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, e co ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, no Centro de Coordinación Operativo Contraincendios de Ourense. "Isto interpela a todas as administracións públicas pero tamén aos grupos parlamentarios, ao conxunto da sociedade civil, á ciencia, á empresa, aos sindicatos. En definitiva, ao conxunto do país", asegurou Sánchez.

Neste sentido, Sánchez incidiu en que se debe facer "unha reflexión de fondo" de como se poden "redimensionar" as capacidades, non soamente de resposta senón tamén na prevención de "todo o que ten que ver coa emerxencia climática". "Temos que ter respostas claras aos problemas que nos afectan no día a día con independencia de cal sexa a estación do ano. A resposta clara aos incendios desta magnitude e ás danas como as que estamos a ter no outono ou no inverno", apuntou.

O obxectivo é crear unha estratexia que "anticipe unha mellor resposta, máis garantista e segura" aos cidadáns ante o "agravamento e a aceleración" dos efectos da "emerxencia climática" no Estado español.

"Iso esixe un gran pacto de Estado. Un pacto de Estado que deixe a emerxencia climática fose da loita partidista, fóra das cuestións ideolóxicas, que nos centremos na evidencia científica e que actuemos en consecuencia", subliñou o presidente do Executivo español.

Para iso, o Goberno comezará a traballar para que en setembro poidan ter as bases dese pacto de estado. Mediante este acordo político, exemplificou Sánchez, poderán ofrecer aos servidores públicas "todas as capacidades, non soamente cando se produce un incendio, senón antes para que poidan responder de maneira "moito máis eficaz" e con "moitísimas máis garantías do que o están facendo".

O xefe do Executivo tamén foi cotentunden contra os incendiarios e afirmou que "non pode haber impunidade". "Aquelas persoas que fosen as encargadas de facer e de provocar estes incendios teñen que render contas ante a Xustiza", afirmou.

Sánchez tamén trasladou á sociedade galega que desde a Administración Xeral do Estado e o Goberno de España farán "todo e máis" para que poidan volver "canto antes á normalidade das súas vidas. "Iso significa actuar no urxente, na extinción do incendio poñendo ao dispor da Xunta todos os recursos e, sen ningunha dúbida, afrontar a tarefa de reconstrución", afirmou.Con todo, ademais diso avogou por redimensionar "todas as políticas" que afectan dunha maneira ou outra á "emerxencia climática" e responder con "unha maior eficacia".

Alfonso Rueda pide a Sánchez que mobilice "canto antes" ás Forzas Armadas

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediu ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, que mobilice "canto antes" ás Forzas Armadas. Así o fixo este domingo tras reunirse con Pedro Sánchez e o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, no Centro de Coordinación Operativo Contraincendios de Ourense.

Durante a reunión, Rueda fixo referencia á "mentalidade práctica e de coordinación" que tivo a Xunta durante estes días, así como as necesidades que, a xuízo dos técnicos, fan falta para facer fronte á vaga de incendios. "Foi o persoal técnico que está a traballar no Cecopi, o que elaborou as necesidades que trasladamos á Administración Xeral de Estado. Son medios absolutamente imprescindibles", apuntou Rueda.

Neste sentido, o presidente galego pediu a mobilización das Forzas Armadas para "colaborar" co servizo de extinción de incendios para, exemplificou, facer franxas ou devasas.

"O que espero, despois desta reunión, é que todo isto se poida levar a cabo canto antes e canto antes é xa", remarcou á vez que considerou que a súa petición é "lóxica" e espera que sexa atendida "o máis axiña posible".

Comentarios