O PSdeG pide 30 millóns máis para o bono térmico e eléctrico

Rodríguez Rumbo reprocha o "desleixo" da Xunta.
A luz é hoxe 27 veces máis cara que o 9 de maio de 2021. (Foto: Andrey Popov)
photo_camera A deputada Begoña Rodríguez Rumbo criticou que o Goberno galego "non está a facer todo o que pode". (Foto: Nós Diario)

O PSdeG reclamou á Xunta que destine ao redor de 30,5 millóns de euros para axudar os galegos e as galegas no pagamento da luz. A portavoz de Facenda do grupo socialista  no Parlamento, Begoña Rodríguez Rumbo, exixiu esta quinta feira que axilice o pago dos bonos sociais térmico e eléctrico, "dos que a maior parte proceden do Estado".

A deputada criticou que o Goberno galego "non está a facer todo o que pode" para axudar a cidadanía a facer fronte a estes custos, malia que o orzamento para 2023 conta con 1.239 millóns de euros adicionais por riba do ano anterior, "na súa maior parte procedente de fondos transferidos do Estado español", aseverou.

Rumbo afirmou que o Goberno galego "se quere, pode" axudar estas persoas porque "ten recursos dispoñíbeis, e pode adiantar cartos para axudar". Criticou a falla de iniciativas do Executivo galego para apoiar estas persoas, o que puxo en contraste co "paraugas social" despregado polo Executivo estatal.

Ingreso Mínimo Vital

Pola súa parte, o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, denunciou que as transferencias de fondos do Goberno estatal á Xunta para o bono social térmico "están a chegar tarde".

Parrado recoñeceu que o bono social térmico é unha "boa medida", "mais moi mal xestionada", "que está a causar moitas dúbidas e incertezas" e "complicando" aos órganos xestores nas comunidades. Engadiu o director xeral, a maiores, que "boas medidas" do Executivo estatal son "mal xestionadas" por este, citando o Ingreso Mínimo Vital (IMV).

Comentarios