O PSdeG denuncia unha "estratexia de derrubo do sistema público"

Luís Álvarez di que o PP "traballa" para a privada.
O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez. (Foto: Nós Diario)

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, denunciou esta segunda feira unha "estratexia do derrube do sistema público" por parte do PP da Galiza en ámbitos como educación, sanidade e dependencia. Alertou o deputado de que o Partido Popular busca crear "unha especie de solar" no que o "sector privado poida edificar".

O portavoz alertou de que o PP leva a cabo unha "privatización" e "deterioración" de servizos públicos, no que identifica cunha "quebra" de igualdade de dereitos e equidade social. En educación, Álvarez criticou que hai "menos docentes"na pública o que contrasta cun apoio á escola concertada por unha Xunta que "oculta" datos desde hai dous cursos.

No tocante a dependencia, lamentou o "déficit histórico" de prazas en residencias para maiores. Dixo que de 2009 a 2020 creáronse 1.250 prazas públicas fronte a 5.552 privadas.

A respecto da vivenda, Luís Álvarez apuntou que a Xunta deixou sen executar máis de 400 millóns ao longo da última década: "Con eses cartos poderían construírse 4.000 vivendas públicas".

Comentarios