23-X

O PSdeG denuncia un "acto ilegal e mercenario" de Rueda e o PP na Limia

Os socialistas denuncian "compra de vontades".
Sinatura do convenio da Xunta cunha comunidade de regantes. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Sinatura do convenio da Xunta cunha comunidade de regantes. (Foto: Nós Diario)

O PSdeG de Ourense denunciou esta terza feira o que cualificou como un acto "mercenario" e "ilegal" por parte do PP e no que participou o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, para "tratar de comprar vontades" dos veciños e veciñas en plena campaña electoral, "regando a comarca da Limia con subvencións".

Os socialistas consideran que os populares "converteron e venderon" a sinatura dun convenio administrativo da Xunta cunha comunidade de regadores nun "mitin electoral do PP infestado de pompa, publicidade enganosa e propaganda barata e mentiras", polo que avanzan que acudirán a denunciar os feitos ante as autoridades correspondentes.

"Usar diñeiro público de todos e todas para vender logros e recibir aplausos, nese mitin disfrazado de acto do Goberno galego é vergoñento", advirten desde o PSdeG en relación con este evento.

"Rueda, e o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, citaron os regadores da Limia a un acto electoral público, para vender o funcionamento das bombas dos pozos de regadío", unha cita que presentaron como sinatura dun convenio mais que  "foi un acto de propaganda do PP".

Comentarios