martes 24/11/20

Enquisa CRTVG: PP pode perder a maioría absoluta e BNG sitúase como segunda forza

Son os resultados dunha sondaxe realizada por GFK á pé de urna con 14.400 enquisas en 120 colexios electorais da Galiza para CRTVG. 
Colexio electoral (Imaxe: David Zorrakino / EP)
Colexio electoral (Imaxe: David Zorrakino / EP)

[En actualización]

O PP podería perder a maioría absoluta e BNG pasaría a ser segunda forza, sobrepasando o PSdeG. Son os datos principais da enquisa de GFK para a CRTVG realizada a pé de urna en 120 colexios electorais e con 14.4000 enquisas.

A sondaxe sinala que PP obtería entre 37 e 40 escanos (a maioría absoluta está en 38), BNG 19-22, PSdeG (entre 12 e 14) e Galicia en Común, 2. Nin Marea Galeguista, nin Ciudadanos nin Vox obterían representación, segundo este traballo.

PP obtería 44,7% dos votos, por baixo do 47,6% que logrou hai catro anos. BNG atinxiría 25,9%, porcentaxe notabelmente superior ao 8,3% que obtivo en 2016. PSdeG, sempre segundo este traballo, lograría 15,9% (2 puntos menos que nas anteriores eleccións galegas) e Galicia en Común obntería 5,7%. Este espazo político, baixo a marca En marea, atinxiu en 2016 máis de 19% dos votos. Marea Galeguista tería 1,6% dos apoios nas urnas, Vox 2% e Cs un escaso 0,9%.

Por provincias

Na circunscrición da Coruña, PP tería entre 12 e 14 deputados e deputadas (en 2016 tivo 13), BNG entre 7 e 8 (lograra 2 hai catro anos); PSdeG 4-5 (5 en 2016) e Galicia en Común, 1 (En Marea atinxira 5 deputados en 2016). 

Na de Lugo, PP 7-8 (8 hai 4 anos), BNG 4-5 (en 2016 lograra 1), PSOE 2 (1 menos que os 3 de 2016).

Na circunscrición ourensá: PP  7-8 (9 en 2016), BNG 3 (1 hai catro anos), PSdeG 3 (2 en 2016) e En Marea atinxira 2 daquela. 

Na de Pontevedra: PP 10-11 (11 en 2016), BNG 6-7 (2 en 2016), PSdeG 4-5 (4 en 2016)e Galicia en Común 1 (En Marea obtivera 5 hai catro anos).

Máis enquisas

Enquisa GAD3 para ABC: PP obtén maioría absoluta e BNG segunda forza. O Partido Popular gañaría as eleccións galegas con 47,9% dos votos e entre 40 e 42 escanos, segundo a enquisa de GAD3 para o diario ABC. A segunda forza política sería o BNG co 21,5 por cento dos votos e 16 a 18 escanos. Pola súa banda, PSOE con 16 escanos e o 19,9 por cento sería a terceira forza política. Finalmente, Galicia en Común-Anova Mareas quedaría en 2 escanos e 4,3 por cento dos votos.

De por parte, Sondaxe indica que PP lograría 42 dos 75 representantes no Parlamento da Galiza, BNG tería 15, PSdeG 14 e Galicia en Comçún, 4. 

comentarios