O PP vota en contra de condenar a ofensiva do Estado de Israel sobre Gaza

A iniciativa do BNG contou co apoio do PSdeG e a abstención de Democracia Ourensá.
O portavoz do PP no Parlamento da Galiza, Alberto Pazos Couñago (Foto: Nós Diario).
photo_camera O portavoz do PP no Parlamento da Galiza, Alberto Pazos Couñago (Foto: Nós Diario).

O BNG propuxo esta cuarta feira unha resolución no Parlamento da Galiza para "condenar coa máxima firmeza a brutal ofensiva do Estado de Israel sobre Gaza". Con todo, a iniciativa, que contou co apoio do PSdeG e a abstención de Democracia Ourensá, non saíu adiante polos votos en contra do PP. 

Concretamente, a resolución promovida polo BNG solicitaba "condenar coa máxima firmeza a brutal ofensiva do Estado de Israel sobre Gaza que supón o bombardeo indiscriminado de toda a Faixa, o asasinato de miles de vítimas civís inocentes, o desprazamento obrigado da poboación, a destrución de vivendas e hospitais, o bloqueo do acceso e da axuda humanitaria, e a utilización da fame como arma de guerra".

A resolución foi defendida pola deputada Iria Taibo, quen destacou a importancia de "tomar partido" ante o xenocidio que se está a producir e "non só con boas palabras" senón con accións concretas "que fagan explícito os asasinatos e as políticas que está levando a cabo o Estado de Israel".

Taibo lembrou que o exército israelí matou xa máis de 34.400 persoas en seis meses de intervención militar en Gaza. "O número de crianzas asasinadas por Israel supera a todas as vítimas de conflitos bélicos no mundo desde 2018", subliñou a deputada nacionalista na defensa da iniciativa.

Os bos e os malos

"Se a alguén lle explicasen o conflito entre Israel e Palestina e tivese claro quen son os bos e os malos sería que llo explicaron mal", defendeu o portavoz do PP, Alberto Pazos Couñago, quen tratou coas súas palabras xustificar o voto en contra do seu grupo.

[EN ACTUALIZACIÓN]

Comentarios