Parlamento

O PP avala que se cobre aos concellos un "imposto á choiva"

Os populares rexeitan a moratoria na suba do canon.
Sesión de control ao Goberno no Parlamento galego esta cuarta feira (Foto: Parlamento da Galiza).
photo_camera Pleno da Cámara. (Foto: Parlamento da Galiza)

O PP impediu esta cuarta feira coa súa maioría na Cámara que se aprobase unha proposición non de lei (pnl) que propuña unha moratoria sobre o incremento do canon que deben pagar os concellos pola xestión das redes de colectores e estacións de depuradoras. O non do grupo popular implica que os municipios deberán de afrontar este novo "gravame" da man da nova Lei de Augas, en palabras de Luís Bará (BNG),  que defendeu esta iniciativa parlamentaria.

A previsión, explicou Bará  era incrementar a recadación do canon de xestión de da auga de 5,9 millóns de euros a 12,4 millóns por un gravame de nova creación” que debería ser asumido polos concellos e repercutido sobre as persoas contribuíntes. O nacionalista cualificou o novo gravame do PP de “imposto á chuvia”.

Desde o PSdeG, Begoña Rodríguez Rumbo apoiou a proposta e sinalou que a intención da Lei de Augas aprobada no seu día en solitario polo PP era a de "recadar a conta dos concellos". E Alberto Pazos (PP) xustificou a negativa do PP a esta proposta na necesidade de acometer investimentos nas redes de augas da Galiza.

Morte digna

Tamén onte, o voto do PP evitou que se aprobase a proposición non de lei pola que se reclamaba declarar 12 de xaneiro —data de falecemento de Ramón Sampedro— Día da Morte Digna na Galiza. No debate da iniciativa, que decorreu a xornada anterior, terza feira, o PP xa anunciara o seu voto negativo, xustificándoo en que xa había un día internacional para a morte digna. tanto BNG como PSdeG lamentaron a escasa "sensibilidade" dos populares.

A maioría do grupo, popular na Cámara fixo que onte tampouco prosperasen as proposicións non de lei que solicitaban maior compromiso en I+D+I e unha política activa contra a infravivenda, ambas as dúas impulsadas polo PSdeG. De feito, a Cámara só aprobou as pnl defendidas polo Partido Popular: unha sobre as obras da A-6e outra da FP.

Comentarios