En campaña non se poden realizar anuncios de novas obras, nin realizar inauguracións. Vai contra a lei eleitoral, por ser un puro ventaxismo que persegue réditos partidistas.
Porén, a ministra de Fomento anunciou onte que este mesmo mes iría licitar a ampliación de Rande e a circunvalación de Santiago.
Pastor realizou o anuncio no decurso dun almorzo informativo en Santiago de Compostela patrocinado precisamente por Audasa, a empresa que explota a autoestrada.
O PSdG presentará un recurso
A reacción das forzas de oposición non se fixo agardar. O PSdeG informou de que presentaría un recurso contra a xunta eleitoral, mentres que polo BNG Ana Pontón cualificou o anuncio de Pastor de "ilegal e inmoral".
Aliás, a viceportavoz parlamentar do BNG enfatizou que o que agarda a sociedade galega é que se verifiquen as súas promesas en relación á traxedia de Angrois [a adopción de medidas de seguranza que aínda non se puxeron en marcha para tornar imposíbel un sinistro das dimensións do ocorrido o 24 de xullo de 2013].