Que fan as candidatas?

Plantar unha árbore ou tomar un vermú: así é o sábado de reflexión

Estar coa familia e descansar son as actividades preferidas polas líderes e candidatas das forzas políticas nesta xornada de reflexión. Porén, hai quen prefire plantar unha árbore, ir ao salón de peiteado ou facer un churrasco.

93255993-3fe0-4252-b3cd-8cc9e8b98c48
photo_camera [Imaxe: En Marea] As representantes de En Marea citaron os medios no lugar onde prantaron unha árbore

Aínda que non apelan ao voto, as candidatas e candidatos e líderes políticas dos partidos con actividade na Galiza déixanse ver durante a xornada de reflexión a petición dos medios de comunicación. Queres saber que fai cada un deles?

Alberto Núñez Feixoo, líder do PP na Galiza, apura as últimas horas en Madrid após arroupar o seu xefe de filas, Pablo Casado, no feche da campaña que tivo lugar na capital española. Renunciaba así, fronte ao que fixeron a meirande parte das forzas políticas, a convocar un acto público na tarde da sexta feira na Galiza. A súa número 1 por Pontevedra, Ana Pastor, optou por ir á festa da lamprea de Arbo.

Gonzalo Caballero, do PSdeG, anunciou que iría ao salón de peiteado e que pasaría o día coa súa familia e amigos, mentres que Modesto Poste, candidato ao Senado por Pontevedra preparará un churrasco para as súas amizades.

3914543f-4a63-4382-a74a-1853e05d6e61Ana Pontón, do BNG, aproveitará a xornada de reflexión para tomar un vermú co número 1 do Bloque pola Coruña, Néstor Rego, na praza de Abastos de Compostela, acompañados por Goretti Sanmartín, candidata á Alcaldía da cidade e por Rubén Cela, coordinador da campaña do BNG. A número 1 por Pontevedra, Carme Da Silva, desfruta da música no Galegote Rock e presenciará as probas deportivas do ITU Multisport de Pontevedra.

ff8bc1bb-a003-40f6-aedf-0aaf4be24534Á familia dedicaranlle o día os candidatos de En Común-Unidas Podemos Antón Gómez Reino e Yolanda Díaz, mentres que os aspirantes ao Congreso e ao Senado de En Marea decantáronse por plantar unha árbore en Vincios (Gondomar).

A candidata de Ciudadanos por Pontevedra, Beatriz Pino, informou de que aproveitará o día para pasear co seu can por Vigo.

Comentarios