23-X

O ritmo de subida na participación dilúese até 2,6%

A gran suba que reflectían os datos das 14 horas, de sete puntos, redúcese en boa parte catro horas despois. No conxunto do Estado cae a participación, a falta de contabilizar o voto por correo.
Colexio electoral en Poio na tarde de hoxe (Foto: Y.C.M).
photo_camera Colexio electoral en Poio na tarde de hoxe (Foto: Y.C.M).

Chegan os segundos datos de participación.

Ás 18 horas, segundo a información facilitada polo Goberno español, na Galiza, a esa hora, xa votou 55,92% da poboación con dereito a voto.

Esta cifra representa un aumento de 2,6% con respecto ao 53,26% rexistrado á mesma hora nas anteriores eleccións estatais de 2019.

Isto supón unha importante diminución na subida de participación de até sete puntos porcentuais que reflectían os datos facilitados polo Goberno español ás 14 horas da tarde.

Por provincias, a participación alcanzou 55,94% na Coruña, un 3,16% máis.

No referente a Pontevedra, o aumento é algo menor, de 2,59%, pois votou 57,44% do censo polo 54,85% de 2019.

En Ourense a subida cae até 1,25% (53,46% en 2023 polo 52,21% de 2019).

Por último, en Lugo pasaron polas urnas 54,02% do total das persoas convocadas polo 51,41% de 2019 (+2,61%).

No conxunto do Estado cae a participación, a diferenza do que acontece no panorama galego, xa que é de 53,11% polo 56,85% de 2019.

Iso si, nestas porcentaxes non están recollidas aínda as cifras correspondente ao masivo voto por correo.

Comentarios