O BNG exixe no Congreso dimisións no Goberno español polo caso Bárcenas

A voceira nacionalista no Congreso, Olaia Davila, pide ao executivo español que permita unha investigación de Facenda para determinar se o extesoureiro do PP sde beneficio da amnistía fiscal.

A voceira do BNG no Congresom español, Olaia Fernández Davila, pediu ao ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, a máxima claridade para aclarar se o extesoureiro do PP Luis Bárcenas se beneficiou coa amnistía fiscal. Davila lembrou que “o Goberno ten que asumir responsabilidades, e a dimisión forma parte diso”. A parlamentar nacionalista demandou a Montoro aclaracións sobre se Bárcenas se beneficiou ou non da amnistía fiscal porque “o avogado do señor Bárcenas di que si, que se acolleu á amnistía. E os inspectores de Facenda din que non teñen posibilidade de acceder aos dados dos suxeitos amnistiados, mentras que vosté di que si. Explique isto con claridade”.

“Dada a gravedade da situación", sinalou a deputada do BNG, "o goberno ten que facer unha investigación através de Facenda”. Aliás, reprochou a Montoro a aprobación no seu día da amnistía fiscal que desde logo “non está a dar os resultados que dixeron no seu día. A realidade demostra por que o BNG votou en contra desa lei”.

Davila avisou a Montoro que de “non aclarar ben todos estes aspeitos, a cidadanía acabará pensando que vostés adaptan as leis para amparar a evasores fiscais e que lle toman o pelo aos cidadáns coas súas explicacións que non din nada. Vosté omite a verdade que é igual que mentir”.

Comentarios