A militancia do BNG elixe a nova Executiva: 16 representantes da lista de Pontón, 2 de 'En Movemento' e 1 de 'Alicerce'
A militancia do BNG determinou este domingo co seu voto a composición da nova Executiva Nacional da formación na súa XVIII Asemblea —decorrida no Pazo de Congresos de Compostela—, que volverá encabezar Ana Pontón. Un encontro no que tamén se aprobaron o informe político e de xestión da dirección durante estes tres últimos anos e mais as teses que marcarán a estratexia a seguir no novo ciclo que se abre hoxe e que ten xa a mira posta nas próximas eleccións galegas. "O obxectivo non é limitarse a sumar máis deputados e deputadas, senón disputar a hexemonía ao PP para liderar o Goberno do país en 2028", dixo a portavoz nacional do BNG no discurso de apertura da mañá.
Tres listas concorrían a esta nova Asemblea na que votaron, segundo fontes da organización, arredor de 2.500 militantes. A primeira en votos foi a que lideraba a propia Pontón, que aglutinou até 84,14% dos apoios e 16 integrantes na nova Executiva. A candidatura 'O BNG en Movemento', que tiña como cabeza visíbel a deputada Noa Presas, obtivo 12,35% e dous representantes na Executiva, e 'Alicerce', encabezada polo portavoz do BNG en Mos, Gustavo Barcia, 3,51% e un membro na Executiva.
Relación completa de integrantes da Executiva Nacional do BNG
Candidatura encabezada por Ana Pontón Mondelo (16)
- Ana Pontón Mondelo
- Goretti Sanmartín Rei
- Lucía López Sobrado
- Olalla Rodil Fernández
- Néstor Rego Candamil
- Luís Bará Torres
- Carme da Silva Méndez
- Lois Pérez Castrillo
- Xavier Campos López
- Ana Miranda Paz
- Xosé Manuel Puga
- Bieito Lobeira Domínguez
- Montse Prado Cores
- Eva Vilaverde Pego
- Xabier Pérez Igrexas
- Olaia Ledo Díaz
O BNG en Movemento (2)
- Noa Presas Bergantiños
- David Soto Díaz.
Alicerce (1)
- Gustavo Barcia Seixo