Miñóns traslada o apoio do Goberno estatal á loita contra as verteduras da mina de San Finx

“Estamos diante dun grave problema medioambiental que pode afectar o sector da pesca e a toda a comarca”, afirmou o ministro de Sanidade e candidato do PSOE pola Coruña, que se reuniu coa Plataforma contra as verteduras.

miñons san finx

José Miñóns, ministro de Sanidade e candidato socialista ao Congreso, pola circunscricion da Coruña trasladoulle este sañabdo “o apoio do Goberno e de todo o PSOE” á plataforma contra as vwrteduras de San Finx e pide á Xunta da Galiza “que actúe dunha vez por todas e vixíe esta situación”.

Miñóns mantivo unha reunión na Confraría de Noia con Joám Evans, portavoz da Plataforma de afectados pola mina de San Finx; Santiago Cruz, patron maior da Cofradía de Noia; Rogelio Santos Queiruga, viceportavoz da plataforma, e outros representantes da pesca e o marisqueo da comarca.

“Estamos diante dun problema medioambiental que pode afectar gravemente ao sector da pesca e a toda a comarca”, afirmou.

A plataforma explicoulle o impacto que pode causar o inminente inicio das verteduras da Mina de San Finx, que suporán a inxección de case mill millóns de litros de augas contaminadas con metais pesados tóxicos e canceríxenos (cadmio, cobre e cinc).

A reunión foi solicitada de urxencia pola Plataforma comarcal contra as verteduras da Mina de San Finx, logo do anuncio de Augas de Galicia de que a empresa mineira iría finalizar as infraestuturas de vertedura o 12 de agosto.

 “O inicio do baleirado da auga contaminada implicará duplicar o caudal do río Pesqueiras, estando o punto de vertido a tan só sete quilómetros da ría de Noia”.

A plataforma comarcal pediu ademais ao ministro de Sanidade que interveña para que o Goberno doEestado inclúa as presas de residuos mineiros de San Finx no “Inventario de Instalacións de Residuos Mineiros abandonadas e clausuradas”, ante os riscos para a saúde pública e o medio ambiente que provocaría o seu eventual colapso.

Neste sentido, xa en 2020 a Dirección Xeral de Política Enerxética do Ministerio para a Transición Ecolóxica se dirixiu á Xunta para que esta se pronunciase sobre a procedencia da inclusión das presas no inventario, que se encontraba en proceso de actualización.

Desde entón, afirma o PSOE, “a Xunta tentou esquivar os requerimientos encubrindo o seu carácter mineiro para evitar que a empresa concesionaria australiana, Pivotal Metals, teña que facerse cargo da súa restauración”

Comentarios