En Marea solicita a convocatoria urxente da Comisión Permanente para abordar o conflito de Reganosa

Tildan de "cacicada" a decisión do goberno en funcións que exclúe a gaseira da declaración de impacto ambiental.

En Marea
photo_camera [Imaxe En Marea]

Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino rexistraron esta cuarta feira unha solicitude de convocatoria "urxente" da Deputación Permanente do Congreso para abordar a decisión adoptada polo goberno en funcións no último Consello de Ministros pola que exclúe Reganosa da necesidade de contar cunha declaración ambiental para continuar coa súa actividade de acordo coas sentenzas do Tribunal Supremo. 

En Marea tilda a decisión de "cacicada" e di que o goberno español "prevarica"

Desde En Marea aseguran que se trata dunha "cacidada máis", após a prórroga concedida a Ence-Elnosa, e "unha vulneración das máis graves da separación de poderes que debe operar no Estado".

Portas xiratorias 

Trátase dun "flagrante caso de corrupción" en verbas da deputada Yolanda Díaz que "contravén toda a lexislación vixente", acrecentou. De facto, o propio executivo sinalaba o carácter "excepcional" da súa decisión. 

Neste senso e xunto coa imputación de catro ex-altos cargos da Xunta pola dragaxe da ría de Ferrol para "acomodar" a gaseira, din desde En Marea, existirían condicións para convocar a Deputación Permanente. 

"Preguntámonos cal é a porta xiratoria detrás de todo isto", acrecentou Antón Gómez-Reino quen acompañou Díaz no rexistro da convocatoria. "Nos próximos meses veremos quen é o interesado en acabar no Consello de Administración de Reganosa", subliñou. 

Comentarios