luns 03/08/20

A Marea de Pontevedra non apoiará a investidura de Lores como alcalde

Votará polo seu candidato ou absterase porque di, en "moitos casos" o seu proxecto está nas "antípodas" do que goberna a cidade desde hai 16 anos.

[Imaxe Marea Pontevedra]
[Imaxe Marea Pontevedra]

A Marea de Pontevedra, que obtivo nas eleccións municipais do 24 de maio 2 edís, non apoiará a investidura de Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) como alcalde. En troca, votará polo seu propio candidato, Luis Rei ou mesmo valora a abstención. 

Nun comunicado de imprensa a candidatura municipalista asegurou que en "moitos casos" o seu modelo de cidade está nas "antípodas" do que desenvolven @s nacionalistas desde hai 16 anos. Aliás, criticaron que o grupo maoritario --o BNG atinxíu 12 escanos-- "non se dirixiu" á Marea para iniciar un diálogo á fin de coñecer as súas demandas de cara ao primeiro pleno da lexslatura que terá lugar o 13 de xuño. 

Nunha asemblea decorrida con posterioridade aos comicios municipais avaliaron os resultados obtidos pola Marea (3.222 votos) como "moi positivos" xa que o seu obxectivo, sinalan, era "irromper con claridade" e evitar unha maioría absoluta facendo que "a dereita non avanzase". Neste senso, entenden que após as locais o proxecto poderá "ir avanzando como alternativa real nos próximos anos". 

comentarios