O líder de Izquierda por Almería declara que se porá en folga de fame até que se proclame a súa candidatura para as eleccións galegas

“É inxusto que un partido español sexa discriminado e non poida actuar en calquera parte de España", afirma.

Juan Andrés Ruiz, líder de Izquierda por Almería, á esquerda da foto. (Foto: Europa Press)
photo_camera Juan Andrés Ruiz, líder de Izquierda por Almería, á esquerda da foto. (Foto: Europa Press)

O líder de Izquierda por Almería, Juan Andrés Ruiz López, remitiu á Xunta Electoral Central e ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, senllos escritos nos que notifica a súa intención de porse en folga de fame até que se proclame a candidatura que presentou a formación pola circunscrición de Lugo para concorrer aos comicios do 18 de febreiro.

Izquierda por Almería rexistrara unha lista pola provincia lucense que foi anulada ao non estar os membros empadroados en territorio galego.

A decisión da Xunta Electoral está vinculada cos requisitos regulados sobre a condición política de galego e o feito de que os integrantes da candidatura en cuestión non formaban parte do censo electoral -ao que si sucede cos residentes no exterior-.

Tampouco cumprirían coa segunda vía para poder ser elixido na cita autonómica: estar empadroado nun municipio da comunidade, o requisito da veciñanza administrativa.

Nesta conxuntura, Juan Andrés Ruiz trasladou a Europa Press que a súa intención é iniciar esta terza feira -á espera de se recibe algunha resposta da xunta electoral- a folga de fame, que iniciará ao considerar que a exclusión das galegas de Izqueirda por Almería supón "unha violación" do artigo 23 da Constitución.

Izquierda por Almería, quen ve o sucedido "inxusto", e un "atropelo e discriminación", tamén escribiu ao presidente, a través do formulario da Moncloa, no que afirma que estará en folga de fame "ata que non se proclame" dita candidatura. "É inxusto que un partido español sexa discriminado e non poida actuar en calquera parte de España",

Comentarios