18-F

Lara Méndez anuncia que deixará a Alcaldía de Lugo

Méndez anunciou que será a número 2 de José Ramón Gómez Besteiro nas listas do PSdeG ao Parlamento da Galiza o 18 e febreiro.
Lara Méndez. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Lara Méndez. (Foto: Nós Diario)

A alcaldesa socialista da cidade de Lugo anunciou esta segunda feira que deixará a Alcaldía da cidade da Muralla. Méndez anunciou que será a número 2 de José Ramón Gómez Besteiro nas listas do PSdeG ao Parlamento da Galiza o 18 e febreiro na circunscrición de Lugo. Enxeñeira Agrícola de profesión, Méndez converteuse en 2015 na primeira muller alcaldesa de Lugo. Con anterioridade fora concelleira en Cervo e vicepresidenta da Deputación de Lugo. 

No pasado mes de decembro Méndez e o tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo (BNG), presentaron esta terza feira o proxecto de orzamentos municipais da cidade previsto para 2024, que ascende a 121,8 millóns de euros.

No pasado mes de Xuño PSOE e BNG reeditaban o seu acordo de goberno para a cidade cun acordo programático de 92 medidas.Este acordo entre ambas as dúas formacións aposta, aseguraban, por "avanzar co actual modelo de cidade, apostando por un “urbanismo sostíbel”, dinamizar os barrios, fomentar o desenvolvemento económico e do emprego e apoiar o turismo de calidade, entre outras accións".

Comentarios